Fernando Bellas

Cando me propuxeches este proxecto, Delmi, o vin difícil. Difícil pola estación do ano, inverno, época na que as árbores carecen de follas, os pelegríns do Camiño escasean, o frío e a choiva envólvente e as túas cámaras humedécense. Supón todo un desafío buscar cor nunha estación gris. Pasei frío, moito frío, mentres paseaba por Portomarín envolto na néboa agardando o amencer. Os meus dedos conxeláronse no Cebreiro e quentei o meu corpo cun maravilloso caldo en Samos. Tiven medo ao cruzar os bosques do Faro, case sen combustible e baixo unha tremenda nevarada no serán. O meu vehículo quedou atascado nun cantil de Corcubión, pero despois gocei do solpor en Fisterra. Emocioneime coa forza de vontade dos camiñantes a Compostela, empapados e aterecidos de frío. Pero o máis importante é que gocei tras a cámara. Traballei a gusto redescubrindo este paraíso que é Galicia. Grazas compañeiro, foi un gran agasallo este traballo e esas son as miñas imaxes.

entry