Fotoxornalistas on assignment
 |
Xulio Villarino
foto(at)xuliovillarino.com
www.xuliovillarino.com
Xulio
Villarino naceu en Fazouro, Foz (Lugo), no 1969, e vive dende o ano
1998 no Porto de Bares, Mañón (A Coruña). Foi
fotoxornalista do xornal La Voz de Galicia. No 2001 decidiu dedicarse
pola súa conta ao fotoxornalismo como independente. Os seus
artigos son distribuídos pola axencia Cover e colabora
asiduamente en El País Semanal, Geo ou El Semanal. Entre os
galardóns acadados como recoñecemento ao seu traballo
profesional destacan o Luís Ksado en 1998, Fuji Europress Photo
Awards na fase española en 1999, e a mención de honra na
fase europea no mesmo ano. Foi finalista no Injuve 1999, finalista no
Luis Valtueña no 2000 e 2001, Premio Ortega e Gasset 2000, Fuji
Prize na categoría de viaxes no 2002 e The News no 2003. O seu
traballo atópase en diferentes coleccións privadas e
públicas.
entra
|
 |
Javier Teniente
javier(at)javierteniente.com
www.javierteniente.com
Javier
Teniente naceu en Vigo en 1968. De formación autodidacta,
traballou como fotógrafo profesional no Diario Atlántico
e Faro de Vigo. Actualmente traballa como fotógrafo independente
representado pola axencia Cover. As súas fotos foron publicadas
en revistas e xornais importantes de España, como El País
Semanal, Geo, Interviú, Magazine de la Vanguardia, El Mundo, ou
Tiempo, e outras de prestixio como Gatopardo (Colombia), Oxford
University Press (Reino Unido). The Humanitarian Office of the European
Union (Echo), publicou no 2002 un calendario por toda Europa
cunha selección das súas imaxes. Ten cuberto conflitos
causados por desastres naturais, polas guerras e a marxinación.
Entre os seus últimos artigos a resaltar están os de Iraq
(2003), Haití (2004), e a reportaxe do desastre causado polo
Tsunami en Aceh Band, Indonesia (Xaneiro 2005).
entra
|
 |
Tino Martínez
serbeg(at)eresmas.com
Tino
Martínez naceu en Santiago de Compostela en 1943. A escritora
galega Marina Mayoral di acerca del: “Tino Martínez
é un perfeccionista que soña fotografías con sabor
ao imposible”. Nos seus traballos sobre Compostela a súa
cámara tende a ollar aos ceos para ver como a monumentalidade
urbana adquire acentos fundamentalmente inverosímiles. Dende o
branco e negro á cor, a visión de Tino recolle
fundamentalmente soidades. É a súa, neste caso, unha
cidade deserta, descarnada, de xentes que a moran, pedra, ceo, e luces
que rompen o silencio da noite.
O seu traballo está presente en moitas exposicións, Museo
de Pontevedra, Museo Arqueolóxico de Ourense, Universidade de
Coimbra, Museo do Pobo Galego (Santiago), Sala Durán Loriga (A
Coruña), Fonseca-Universidade de Santiago de Compostela
(Santiago), Lugo, Vilafranca de Xinza (Portugal), Xenebra, College Art
Center (Nova York)...
entra
|
 |
Tino Viz
tinoviz(at)telefonica.net
Tino
Viz, naceu en Merza, Vila de Cruces (Pontevedra), en 1960. Publicou as
súas primeiras fotografías no semanario A Nosa Terra.
Dende 1981 ata 1985 traballou como free-lance, e dende ese ano ata 1992
desempeñou o cargo de fotoxornalista en La Voz de Galicia,
ademais de libros, carteis, exposicións... En 1992, en Santiago
de Compostela, funda Margen, unha axencia dedicada á publicidade
e fotografía industrial, que comparte xunto co outro
fotoxornalista A. Suárez, desenvolvendo dende ela, diversas
facetas profesionais.
entra
|
 |
Fernando Bellas
f.bellas(at)telefonica.net
Fernando
Bellas naceu en Pontedeume (A Coruña), 1955, e traballa como
fotoxornalista dende 1977. Traballou en prensa semanal e diaria dentro
e fóra de Galicia. As súas primeiras colaboracións
foron no semanario A Nosa Terra, Mundo Obrero Diario e o semanal La
Calle. Anos máis tarde empezou na Axencia Copi e Contifoto e o
diario El Periódico de Cataluña. Publicou
fotografías en La Voz de Galicia, El País, e nas revistas
Interviú, e Diario 16. Gústalle lembrar os tempos nos que
traballaba en Man Común e Tempo Galego, así como na Gran
Enciclopedia Galega. Despois dun breve período de tempo
traballando no Arquivo da Imaxe de Galicia, entra a formar parte dos
Servizos Informativos da T.V.G, que deixará por un espazo breve
de tempo para traballar co desaparecido Diario de Galicia.
Actualmente está traballando como reporteiro gráfico na
TVG nos citados Servizos Informativos, pero segue gozando coa
fotografía coma sempre.
entra
|
 |
Delmi Alvarez
delmialvarez(at)yahoo.com
www.delmialvarez.com
Delmi Álvarez naceu en Vigo no 1958. Comezou no fotoxornalismo
no semanario A Nosa Terra e publicou o seu traballo noutros xornais e
revistas. En 1989 Delmi comezou o proxecto documentalista Galegos na Diaspora,
no que continua aínda hoxe. A súa busca de galegos
arredor do mundo levouno recentemente ata Krasnodar, en Rusia,
onde moran dous deles. Fotografía en branco e negro,
viaxes, camiñar polas montañas: estas son algunhas das
súas verdadeiras paixóns. Os seus pais
ensináronlle como sobrevivir na xungla de asfalto e como volver
ás montañas e atopar a paz que cada un leva dentro. Dous
dos seus mellores amigos morreron na alta montaña, pero no seu
corazón e mente, sempre permanecen os bos recordos pasados con
eles. En 1999 realizou os Camiños Francés e
Portugués dende Roncesvalles e Lisboa, comisionado para un
xornal galego e como proxecto documental de autor. Os seus traballos
son representados pola axencia Cover and Corbis. É o autor e comisario deste proxecto.
entra
|
home | photojournalists | diary | exhibition | book
Copyright
© Delmi
Alvarez 2006
On the web
since June,1st, 2002 -- www.delmialvarez.com
|