Tino Martínez

O meu agradecemento máis sincero a todas as persoas retratadas, polas facilidades, colaboración e interese amosados na realización deste traballo; todo isto á súa chegada a Santiago, meta do Camiño, cos sentimentos a flor de pel, o cansazo acumulado, as lesións...
O desexo de compartir o seu periplo comigo, que tamén vivín a experiencia do Camiño, foi sobradamente enriquecedor; desas conversas, case “confesións”, quédome coas emocións vividas.
Na miña opinión, o Camiño non ten alma, ponlla o camiñante...
Ao remate queda a pena, pena por telo terminado.... grazas a todos vós.
Sorte.

entry