![]() |
Tino Viz Que fai que ao percorrer un espazo teñas a sensación inmediata de que te moves por algo auténtico? Nos días que dediquei a fotografar o camiño a Santiago a través da Ruta da Prata a resposta xurdiu rapidamente. Asaltoume a forza do étnico: lumes, sons, e máscaras pegados ao ritual ( Verín, Laza, Vilariño, Oímbra e, ensanchando o camiño, Castro Caldelas). Como contrapunto, os espazos místicos de igrexas e mosteiros; a conversa co abade de Oseira e a abadesa de Santa Clara, falando non tanto do divino coma do humano. As persoas habitan os espazos matizándoos, dándolles forma, ás veces sen que pareza que neles nada tivese que ver a intervención humana (Sr. Javier, Srs. Chon e Agripino, Sr. Alberto, etc). Logo, os que pasean, visitan ou peregrinan. A xente que habita o Camiño é a que fai camiño para o que o percorre. Para os que tiven a sorte de coñecer, o meu agradecemento. Compostela 18 - 4 - 2006. entry |