![]() |
Xulio Villarino O Camiño Galego. Tres meses para facer o mosaico que dibuxa o Camiño de Santiago en Galicia, nacido lonxe, e grabado na terra polas pegadas dos pelegríns. Un Camiño que mistura o espiritual co lúdico, a paisaxe coa xente, o sol coa choiva, a terra co mar... Un Camiño tantas veces percorrido. Unha liña que atravesa o corazón de Galicia. Unha liña que discorre polas diferencias para volvelas semellanza. Dende as montañas e a agricultura do inclemente Cebreiro ate as praias e a pesca da Fisterra mariñeira. Tratei de facer algo semellante a un catálogo dos tópicos tantas e tantas veces fotografiados dándolles una dimensión “totémica” en formato cadrado, para dotalos dunha estructura máis ríxida e formal. Este é o resultado. entra |