Galegos na Diáspora é
un proxecto fotodocumetalista de autor, levado a cabo entre os anos
1989 e 2008 polo fotoxornalista Delmi Álvarez (Vigo, Galicia,
1958) arredor do mundo, seguindo as rutas de milleiros de
galegos emigrantes. Con concepto de autor, mesmo crónicas de
viaxes, Delmi Álvarez
ten fotografado as comunidades de galegos nos seus respectivos lugares
de residencia e traballo, dende a vella Europa até as
Antípodas, "...pasando por Compostela" como a él lle
gusta
engadir.
Europa, As Américas, Asia-Oceanía e
África son os continentes donde atopou galegos.
En outubro de 2005 Caixanova, patrocinou en Vigo unha
gran exposición cunha colleita de 85 fotografías
que máis tarde estivo itinerante por Galiza. O desexo do autor e
que viaxe
polas máis importantes cidades españolas e aquelas
comunidades de galegos no mundo. Paralelamente coa
exposición o fotoxornalista impartirá workshops
abertos a interesados na fotografía ou nas viaxes. Hai un libro en proxecto con textos das viaxes e os enconttros.
"Valentin Paz Andrade, foi un dos galeguistas
na emigración que máis infuiron no meu proxecto, o mesmo
que
Carlos Casares eterno viaxeiro, ou o escritor e profesor
Xesús Alonso
Montero, e sobre todo a miña avóa Rosalía
viaxeira incansable que me fixo soñar con tantas aventuras de
Cuba...". |