Galegos na Diáspora

Galegos na Diáspora (1989-2009) naceu unha tarde na casa de Valentín Paz Andrade, Vila Pousa Nova do mar en Samil. Durante unha conversa na entrevista co memorable galeguista exiliado moitos anos en Arxentina. Daquela, o traballo era para La Región de Ourense, co que delmi colaborara dende Vigo. Cando Paz Andrade falaba o silencio escoitaballe a él tamén. Valentín narraba con voz baixa os tempos en que fuxira a América e cando finalizou a entrevista viu de comentarlle ao fotógrafo: “tes que documentar a toda esa xente que marchou un día sen ollar para atrás, tes que darlle voz aos que lla merecen”. Ese encargo era moi especial.Screen Shot 2016-03-01 at 12.22.32 PM

Deste xeito, madurou a idea de traballar nun proxecto que aínda non tiña nen nome. O derradeiro título, Galegos na Diáspora, veulle dado moito máis tarde, medrando ata convertirse nun proxecto documental a longo termo. En Vigo nos anos 80 non chegaban revistas que falaran da fotografía documental, e apenas se tiña coñecemento dos clásicos.

En decembro de 1989 Delmi Álvarez comezou este proxecto viaxando a Suiza a bordo dun Matra Seida da empresa de autobuses Alsa, partillando con familias, pais que viñan de visitar os parentes e outros emigrantes que regresaban a casa despois de estar unhas semanas na aldea. Tamén ían moitos emigrantes novos que se incorporaban a fábricas e hoteís e a traballar na construcción. Na fronteira os gardas quitáronlle a todos eles os chourizos, xamóns, latas de sardiñas e outros productos. Aquela primeira viaxe levoulle nun tren a Strasburgo, Berlín, coñecendo de perto a emigrantes turcos, e de seguido a Hannover donde vivían os seus tíos e padrinos, a Londres e París.

A segunda viaxe transcorreu desde a fría Canadá ata a cálida Ushuaia entre 1990 e 1991. Nese tempo Cuba vivía e padecía un longo bloqueo económico que coa caída do comunismo e a URSS non facía máis que alargar a agonía do seu pobo. Cuba, o último bastión, a loita dun pobo, foi o resumo dun longo ano de traballo na illa que sería recoñecido en Barcelona co prestixioso Fotoprés. E despois a guerra de Iugoslavia, ate 1993 cando volta de novo a viaxar a Asia, un gran salto que non fixo máis que consolidar o proxecto da diáspora. En 2001 outra longa viaxe de meses arredor do continente africano desde as Illas de Cabo Verde ata Tanzania donde pegou a malaria e paludismo, pasando pola dictadura de Obián en Guinea Ecuatorial de donde tivo que escapar axudado polo cónsul español.

O Consello da Cultura Galega aportou unha pequena axuda para a viaxe de África. Carlos Casares apoiaba o proxecto para que se convertira nunha referencia documental do arquivo da emigración galega pero ao morrer este, o proxecto quedou desamparado. Moita historia que contar. Virían máis países a sumarse a este proxecto documental, e foi en Rusia donde atopou a dous galegos que estiveran na guerra civil española loitando en bandos diferentes. Unha belísima historia con final triste, a de dous galegos encontrados que se axudaban mutuamente tan lonxe da súa patria.

Entre 2008 e 2009 viaxa por Estados Unidos de costa a costa, baixa a R. Dominicana, Panamá e Chile. No 2009 a Xunta de Galicia publica o libro, non sen moitísimos problemas, censura, amaños e cacicadas. Pouco tempo despois unha entidade bancaria acorda de facer unha exposición. Horas antes de abrir ao público, un alto cargo retira unha dúcia de imaxes. A exposición foi aberta ao público sen case presentación, falta de medios. De Vigo viaxaría a Compostela e seguidamente a Bós Aires e Uruguai e de novo cacicada. Foi grazas aos galegos e galegas que axudaron a montar a exposición en tempo record para que fora inaugurada por unha Conselleira. As fotos viron de volta tempo despois en caixas desfeitas, cristais rotos, e da colección faltaron varias imaxes das que os organizadores non superon dar explicacións. Na actualidade as imaxes (80) están ofrecidas ao Concello de Vigo para que forme parte do patrimonio da cidade e poidan axudar a entender o fenómeno migratorio para as vindeiras xeracións.

Galegos na Diáspora é un proxecto documental a longo termo levado a cabo entre 1989 e 2009, coa publicación dun libro, tres documentais para tv e exposicións en Galiza e América. É dividido en viaxes a Europa, Américas, Asia e Oceanía e África, e a metodoloxía para procurar as persoas foi cambiando no tempo. As razóns polas que as persoas emigraron de Galicia son moi diferentes, pero unha gran maioría pola represión política ou a necesidade de emigrar pola falta de medios ecónomicos, traballo.

O libro presentouse na Library of Congress en Washington e na Universdidade CUNY  de Nova York, diante de galegos e galegas que asistiron para coñecer o proxecto.

Viaxes

Europa 1989-2002.
Asia e Oceanía 1992-1993.
Américas 1990-1991.
Rusia 2005.
Ucraína 2008.
África 2008.
Estados Unidos e República Dominicana, Panamá e Chile 2008-2009.

rutas_e_cidades2

Mapa con as rutas das viaxes entre 1989 – 2009 (prema na foto para ampliar)

april2006_0411_195149

Exposición no pazo de Fonseca, en Santiago de Compostela. Preme na foto para ver a galería

ALD1989-07DIASPORA-NAMIBIA-JOSELUISBASTOSGallery

Proxecto multimedia
Galegos na Diáspora avanzou no tempo e pasou de ser crónicas publicadas nun xornal a un proxecto multimedia. En co-producción coa TVG filmaronse O rei Galego en África, Galegos na Guaiana venezolana, Dous galegos en Rusia, e Fuga de cerebros. Publicouse un libro con textos do autor e fotografías en branco e negro de 577 páxinas. O proxecto ten unha páxina web e un blog. ademais de conferencias, seminarios e obradoiros en moi diferentes lugares nacionais e internacionais.