"Proxecto de Inserción Laboral dos titulados polo sistema universitario de Galicia (1996-2001)".
Trátase dun estudio publicado hai quince días pola Xunta,
Foi realizado polas tres universidades (Axencia para a Calidade do
Sistema Universitario de Galicia) para analizar como se intregan os
licenciados galegos no mercado laboral e a adecuación da
formación recibida.
Os titulares poderían ser:
1.- Os licenciados de Xornalismo e Publicidade valoran a
súa situación laboral dun xeito máis negativo que
o resto de enquisados.
2.- Os titulados na rama de comunicación conseguen traballo máis doadamente que a media.
3.- A importancia das bolsas e das prácticas é moito maior no caso dos titulados en Xornalismo e Publicidade.
4.- As amizades é a principal vía para buscar traballo na
rama de comunicación, algo que non sucede no global do SUG.
5.-As promocións máis novas teñen cada vez maiores dificultades para atopar traballo.
O capítulo resumido refírese as licenciaturas de
Xornalismo e Publicidade, polo que os datos non reflicten directamente
a situación das promocións saídas da Facultade de
Ciencias da Comunicación da USC. O feito de que sexan as
universidades as que, dalgún xeito, autoavalían a
súa eficacia xoga en contra da obxectividade deste estudo.
Aínda así, creo que poden ser indicativos da realidade.
Resume de
"Proxecto de Inserción Laboral dos titulados polo sistema
universitario de Galicia (1996-2001)", Axencia para a Calidade do
Sistema Universitario de Galicia, 2004
O traballo de campo realizouse entre marzo de 2002 e abril de 2003. A
publicación non da conta do número de licenciados en
xoranalismo que formaron parte da mostra. O número total de
licenciados pola USC entrevistado é de máis de 28.000,
uns 5.600 por ano.
A investigación da conta tanto da situación laboral dos
recén licenciados como da súa valoración da
carreira. Neste resumo faise referencia, principalmente, a
situación laboral.
Capítulo 17, Ciencias Sociais e Políticas IV
Este capítulo é un estudo sobre os licenciados en Xornalismo e os licenciado en Publicidade.
17.1 Situación Laboral
Xornalismo e Publicidade Sistema Universitario de Galicia
Traballa na actualidade 77,22% 65,72%
Traballa en Galicia 94,50% 90,74%
A liña profesional coinicide coas expectativas 46,05% 52,58%
Non estuda na actualidade 89,49% 82,51%
A media do 77,22% sitúa ó grupo de Xornalismo é
Publicidade coma o segundo no lugar das carreiras con mellor
saída laboral, só superado polo grupo de Ensinanzas
Técnicas.
En canto a evolución do % que conseguiron traballo,
cómpre sinalar que as dúas primeiras promocións
andan nunha media do 84% traballando na actualidade ata alcanzar un
pico de case o 90% na promoción do 98-99. A promoción de
00-01 alcanza inicia un baixón ata o 61,46%.
17.2 Tipos de contrato
TIPO DE CONTRATO Xornalismo e Publicidade Sistema Universitario de Galicia
Conta Allea Indefinido 34,95% 34,61%
Conta Allea Eventual 26,41% 37,57%
Conta allea prácticas 15,42% 5,26%
Outro 16,95% 12,50%
Conta propia dado de alta 8,07% 10,00%
Curiosamente, o estudo destaca "a nula porcentaxe de traballos sen
contrato" na rama de comunicación. Da evolución do tipo
de contrato por promocións non se desprenden tendencias claras,
é dicir, non conseguen mellor categoría os máis
antigos. O porcentaxe de empregados mediante prácticas é
o triple en Xornalismo e Publicidade que no resto de carreira.
17.3 Valoración dos aspectos da situación laboral.
Os titulados deste grupo valoran máis o feito de ter logrado
traballo no sector no que estudiaron (3,73 sobre 5) e na zona
xeográfica elixida (4.14 sobre cinco).
O menos valorado son as condicións laborais. Suspende a
adecuación do nivel do salario ó traballo (2,39 sobre 5).
O grado de estabilidade é valorado nun 2,66 sobre 5. Asimesmo,
os enquisados danlle a peor nota a suficencia da formación
recibida nas universidades para desenvolver o seu traballo (2,08 sobre
cinco).
As valoracións dadas polos licenciados en Xornalismo e
Publiciadade son semellantes a do resto do Sistema Universitario de
Galicia. A valoración das condicións laborais son un
pouco peor no caso de Xornalismo e Publicidade:
Valoración da profesión
(Entre 1 e 5) Xornalismo e Publicidade Sistema Universitario de Galicia
Adecuación do nivel retributivo 2,39 2,96
Estabilidade do seu emprego 2,66 3,1
Posibilidades reais de promoción 2,79 2,9
17.4 Vía propiciatoria do primeiro traballo.
As tres vías con presencia significatia son as bolsas (23%), as
amizades (20%) e as entrevistas de traballo (17%).Ningún dos
entrevistados recurriu o INEM para conseguir o seu primeiro traballo.
Comparativamente, a importancia das bolsas é máis do
doble no caso de Xornalismo e Publicidade que no conxunto so SUG (9,3%).
17.5 Utilización das vías de busca e efectividade desta busca.
No caso destas dúas carreiras, a vía máis empregada é "A través de amizade", seguida de "Ofertar os seus servicios", "responder a un anuncio de traballo" e "bolsas".
A máis eficaz resulta ser as bolsas, seguida das "amizades".As menos útiles, o INEM e o Servicio Galego de Colocación.
Comparativamente, no caso das carreiras relacionadas coa
comunicación resulta especialmente importante as amizades para
buscar traballo. No resto do SUG, as bolsas non figuran entre as
vías máis eficaces para lograr un emprego.