| Home  |  Editorials  |  Links  |  News Journal  |  Photoessays |  Portfolio  |  Bio  |  contact  |

PHOTOJOURNALISMnotebooks          


Crónicas dende ó paraíso

Medran as frores no seu xardín. As volvoretas pousánse para recoller ou deixar nelas a semente da nova vida. Unha serie do fotoxornalista galego dende Lugo.


por X.Marra

A cerdeira (I)



1. De novo a cerdeira estaba fermosa.
As cores douradas, laranxas, amarelas, enchian de luz o cuarto, revolto coma se sofrira un rexistro de película policial.
As raiolas de sol cintileaban por entre as follas da árbore máxica e proxectábanse sobre cada libro, sobre cada prenda de roupa, e facian alumar aos lixos que, coma unha estrela fugaz, danzaban un segundo no ar e desaparecian para sempre. Naquela mesma luz de todos os outonos, pero diferente unha vez máis.



Él deixábase acariñar polo calor tímido dese sol a rentes, mentras sentia o cheiro do café. Sempre, aquela luz e aquelas cores, cheiraron a café en todos os relatos. Hoxe sen músicas, nin informativos. O mar do vento nas follas e algún rumor da rua eran toda a banda sonora daquel momento. Ata chegou a escoitarse ás veces o son do bolígrafo sobre o papel, escribindo isto.
Era o doce de novembro, a semana remataba para os que tiñan traballo. O mundo decente choraba a morte dun loitador pola libertade. Yasser Arafat xa moraba con Alá e o profeta Mahoma. Gostarialle pendurar da xanela un retrato enorme daquel home, coa sua risa fermosa. Oira decir que estaba podre de cartos, pero él admirábao. Podres estaban as conciéncias de Sharon ou Bush...
Na sua xanela o que penduraba era a bandeira negra de Nunca Máis, abaneada polo vento e inqueda ao achegarse o segundo aniversário da
catástrofe do chapapote.



2. Ás veces, a inquietude se instalaba nél.
A soidade, a monotonia do seu cuarto revolto, eran coma unha reclusión forzada polo frio exterior. As horas e os dias sen compaña e sen conversa facianlle lembrar os anos, xa lonxanos, que compartiu con outras persoas. Espertar falando con alguén, cambiar impresiós sobre cousas sinxelas e cotianas,durmirse cunha voz cercana. E entonces, se apoderaba dél unha sensación de angúria, de temor, que o paralizaba, e era coma se algo ancestral o chamara a meterse na madrigueira e durmir todo o inverno, coma un oso.
Mentras o sol xogaba a cegalo colándose polo médio das follas da cerdeira, deixouse levar no siléncio da mañá daquel sábado de sol de outono, no que resoaron de novo nas ruas de Compostela os berros de NUNCA MÁIS NUNCA MÁIS NUNCA MÁIS NUNCA MÁIS NUNCA MÁIS NUNCA MÁIS
 


A cerdeira (II)




3. A chúvia. Saturando as cores baixo dun ceo de chumbo.
Humidade enorme. Os atascos interiores, as mucosidades no cráneo, no pensamento. A dor que bloquea as ideas. A aspirina a ferver no vaso cara arriba, e a auga a pingar na horta cara abaixo.
Líquidos vitais, cores de outono, sensaciós de inverno.
O café outra vez a cheirar morno no espertar.
Gris craro no ceo; gris verde no alfaneiro e no loureiro; laranxas e ocres na cerdeira e no chao; fúcsia no xeránio; negro mesto e musical no merlo, peteiro en ámbar sonoro; vermello na cancela; verde vivo nos nésperos, e gris país nos chantos, na fronteira.
 


 4. Escoito chover no siléncio sobre as follas mortas. Esbara a auga no aguacate. Brillos verdes.
O merlo bota un aturuxo no cimo dos chantos, e ouserva máis aló da fronteira:
Os nenos rin, xogan e berran.
As motos e os coches ruxen, a xente transita nos pasos cebra, atada aos cans e á rutina.
As paredes limitan, os semáforos ordenan.
E aló vai o Paco Pestana na sua bicicleta.

 

5. A rádio márcame os tempos. As nubes viaxan cara ao sul. No cámbio das presiós, á  cociña cóstalle prender. O fume da leña de carballo enche a atmósfera da casa.
Cando unha música soa fóra da sua hora habitual, faime sentir que é noite no meiodia. A versión moderna do papel ardendo no tiro é o secador do pelo inxectando ar quente na chimenea.
Invádeme o sono logo de xantar. Pouca luz.



Copyright © 2004 Xosé Marra
X.marra é membro fundador do Consello de redacción de cardenos de Fotoxornalismo.

 
Photojournalism notebooks is a site established in Riga [Latvia] in june 2003, with the information about photographers, links, and news.This site is updated in Riga, Latvia from june 1th, 2003. It is a private and personal page without any support of other companies. Emails are welcome to: delmi@delmialvarez.com. All pictures and texts reproduced here are the property of his authors.
All rights reserved Copyright © 2003 Delmi Alvarez
COVER agency and  Corbis   represent the work of this photographer