| Home  |  Editorials  |  Links  |  News Journal  |  Photoessays |  Portfolio  |  Bio  |  contact  |

PHOTOJOURNALISMnotebooks          


Crónicas dende ó paraíso

Medran as frores no seu xardín. As volvoretas pousánse para recoller ou deixar nelas a semente da nova vida. Unha serie do fotoxornalista galego dende Lugo.


por X.Marra

A cerdeira (III)

7. Colleu a garrafa da auga e encheu o vaso xusto até a metade. Abriu a caixa de Flumil 200, sacou un sobreciño, e con dous dedos cortoulle un extremo. O po caeu e tinguiu o líquido coa cor das laranxas. Logo de remecelo cunha culleriña, saboreou o seu contido coma se fose un gorentoso godello. Na Rádio Galega soaba a música de Xarín, os gaiteiros do Incio.

Levaba catro dias loitando cos virus – ou o que aquilo fose – que invadian as suas fosas nasais, a sua gorxa, a sua cabeza, a sua existéncia.

Donde mi nombre deje

al cuerpo que designa  en brazos de los siglos,

donde el deseo no exista.

En esa gran región donde el amor, ángel terrible,

no esconda como acero

en mi pecho su ala,

sonriendo lleno de gracia aérea mientras crece el tormento.
Un remedio, cernuda, cada oito horas, un poema.

<> 
Era o Aninovo, e todo seguia coma sempre. Os informativos vomitaban as notícias. A Terra seguia a tremar en Sumatra, Sri Lanka, India, Thailándia. A xente seguia a morrer. O generalísimo Fraga seguia con folgos para governar un século máis...

Os merlos, as pegas, as pombas, os pardais, os ferreiriños, os carrizos, os paporrúbios e as papuxas das amoras, facian do entorno da horta e da cerdeira un mundo de seu. Unha tundra invernal na que aproveitaban – cando non estaba o gato – as faragullas de pan e de touciño que el lles botaba enriba do tellado do caseto da porta azul, na que sempre a lua estaba no cuarto minguante (O tempo de sementar, e máis o de podar).

Ollou á árbore durmir no siléncio frio da néboa.

E os seus pés foron unha república independente.


 

 

6. A alarma da cochorra alporizada comunicoulle a chegada do gato á horta.

Unha bola branca e negra que esbarou engorde, sixilosa, entre a erva para refuxiarse no calor do soto, baixo da cociña.

A corda da roupa lucia un colar de perlas de auga que teceran na noite unha araña e o resio.

Abriu a xanela e sentiu na cara o frio de decembro e un olor de bosque coma dun alento cercano.

A noite alongáraselle amolecendo e extendendo bolboretas, e tentando clasificalas e determinar as espécies. Precisaba elaborar a lista de lepidópteros capturados nese ano e entregala antes de que rematase o mes de xaneiro.

O mundo occidental vestiase de luces, guirnaldas verdes, e falsas alegrias de paz navideña, mentras os gringos seguian a utilizar as guerras “liberadoras de povos” para ensaiar novas armas con uránio empobrecido.

Tiña os pés frios. O quecedor da auga non lle daba ofrecido a temperatura que el queria: auga case ardente e fumegando. Unha ducha lenta e relaxante, transformada nunha rápida e desordenada danza baixo dun chorro de auga morna.

Véuselle entón á mente que, no médio daquela noite, erguérase da cama, abrira a xanela, e vira cómo as ondas do mar rompian con forza contra a parede da casa e, ao fondo, a silueta dun faro lanzáballe luces intermitentes nunha extrana clave de morse inintelixíbel.

E mentras secaba a sua pel, dubidou e perdeu os límites do seu soño de auga. No piano, Oscar Peterson.


©xosé marra/2004

Copyright © 2004 Xosé Marra
X.marra é membro fundador do Consello de redacción de cardenos de Fotoxornalismo.

 
Photojournalism notebooks is a site established in Riga [Latvia] in june 2003, with the information about photographers, links, and news.This site is updated in Riga, Latvia from june 1th, 2003. It is a private and personal page without any support of other companies. Emails are welcome to: delmi@delmialvarez.com. All pictures and texts reproduced here are the property of his authors.
All rights reserved Copyright © 2003 Delmi Alvarez
COVER agency and  Corbis   represent the work of this photographer