Transmigrants

bannerEnglish version

Transmigrantes é un proxecto de fotografía documental (2003-2016) sobre a emigración a Europa por persoas ou grupos de persoas procedentes de Asia e África que foxen da miseria, fame ou conflitos bélicos nos seus respectivos países de orixe. Este proxecto podería ser un máis dos que xa existen e pretende que coa entrega de cada serie de imaxes o espectador razoe e xulgue desde a súa perspectiva persoal uns feitos que actualmente ocorren e que xa son parte da historia da humanidade. O fin que se persegue é o educacional, como unha mostra máis do que a fotografía documental pode aportar ás diversas ciencias para o seu estudo e como testemuños dunha época do século que vivimos.

[Transmigrantes (2003-2016) é parte dun longo proxecto documental sobre migracións comezado con Galegos na Diáspora (1989-2009)]

O proxecto está en evolución / This is a work in progress.


Contacto autor: 📩 delmi[@]delmialvarez.com


Grupo en Facebook:  https://www.facebook.com/transmigrants/


Se queres pasar directamente a ollar as imaxes: http://delmialvarez.photoshelter.com/gallery-collection/Transmigrants/C0000dddC0uTGvgI
Libros: http://www.blurb.com/b/7088008-transmigrantshttp://www.blurb.com/b/7163493-transmigrants


Parte do proxecto publicado en El País
http://elpais.com/elpais/2016/01/17/album/1453042513_088936.html#1453042513_088936_1453042548
http://elpais.com/elpais/2016/02/19/album/1455875157_952387.html#1455875157_952387_1455875654
En The Washington Post (Alberto Avendaño): La crisis de los refugiados: transmigrantes del siglo XXI con destino a ninguna parte (texto da xornalista galega María Xosé Porteiro).


Introducción

O ser humano ten por dereito, vivir en calquera parte, e da mesma maneira, estamos condenados desde o principio dos tempos a vagar, buscando o noso destino. Nacemos inmigrantes ou descendemos deles e somos parte da nosa historia, dun proceso que vai no ADN da humanidade. Os seres humanos móvense dun lugar a outro en busca dunha solución onde empezar ou continuar unha vida familiar, a procura do sustento para vivir, un traballo decente, unha casa con fillos, e sobre todo atopar a felicidade, unha quimera nese longo camiño.

O mundo, avanza nunha crise migratoria que vai de norte a sur e de leste a oeste. Nas Américas, as persoas viaxan miles de quilómetros de sur a norte, buscando mellorar económicamente nos Estados Unidos, como en África que cruzan a España para chegar a países ricos donde atopar unha oportunidade.

O norte é o progreso e a prosperidade, ou iso parece. O sur é pobre, esquecido na miseria. De leste a oeste, a xente viaxa a Europa, escapando das guerras que non son súas, dos governos dictatoriais, da continua falta de dereitos humanos. Foxen das súas cidades, dos pobos, co medo, de vivir en ameaza, e prefiren elixir a vida en lugar da morte, de non loitar por unha causa que non entenden, porque non é deles.

A crise da inmigración que azouta a Europa, é un exemplo de como os seres humanos seguen movéndose dun lugar a outro no planeta, en busca do futuro, dos seus fillos e da súa familia. É necesaria a loita dos seres humanos para seguir con vida e continuar co proceso da súa descendencia. O proxecto Transmigrants ten como obxectivo documentar os procesos e a vida destas persoas que veñen a Europa e atópanse coas barreiras infranqueables que non lles permiten vivir con dignidade, onde crían que todo podería ser un soño alcanzable.

O proxecto Transmigrants

Este é un ensaio sobre un proxecto de fotografía documental a longo termo (2003-2016),  dun problema social como o é a migración, éxodo ou desprazamento de persoas fuxindo das guerras, dictaduras, dereitos humanos, provocadas e organizadas por aqueles que se empeñan en crear un mundo de ideas e políticas neoliberais e un novo orde mundial. Este é o segundo proxecto sobre migracións que levo a cabo despois de Galegos na Diáspora.

É importante documentar coa fotografía etapas das sociedades cambiantes, igual que fixeron outros autores sobre outras crisis sociais ou culturais. A fotografía documental axuda a outras ciencias, como o pode ser a socioloxía, antropoloxía, etnografía etc.

Nacemos emigrantes ou descendemos deles, isto forma parte da nosa historia, dende o principio da Humanidade.

A concentración do capital e do poder acelerouse formidablemente durante os últimos vinte anos (século XX), baixo o efecto das revolucións das tecnoloxías da información. A globalización

Shepherds in no man's land

Cyprus: Shepherds in no man’s lan

non quere conquistar países ou estados pero sí ter o control absoluto de riquezas (petróleo, ouro, minerais para a producción de partes de telefonía móvil móvil) Ademais disto, a tríada participa indirecta ou directamente na recuperación e reconstrucción dos países inmersos en conflictos, repartindose entre as grandes e poderosas empresas o botín de guerra. A orixe da crise migratoria máis importante logo da Segunda Guerra Mundial é unha seria acumulación de erros políticos. A globalización do mundo, apreta aos estados. No século XXI, a idea da colonización de conquistar os estados xa non funciona. Agora son os estados os que queren dominar o mundo con as empresas privadas, conglomerados, grupos industriais e financeiros, convertindo de facto aos donos da Terra nuns poucos e sobradamente poderosos. Estes grupos os poderíamos situar fundamentalmente na tríada Estados Unidos-Unión Europea-Xapón, onde a metade deles teñen a súa base en Estados Unidos.

Os Balkans

As guerras na antiga Iugoslavia entre 1991 e 1999, desencadearon as primeiras ondas de refuxiados en Europa cara a lugares máis seguros. As causas destes conflitos foron varias, pero destacaron sobre todo a causas políticas, económicas e culturais, así como á tensión relixiosa e étnica.

En setembro de 1993 miles de refuxiados musulmáns fuxían de Mostar cara a Jablanica. © Delmi Alvarez

En setembro de 1993 miles de refuxiados musulmáns fuxían de Mostar cara a Jablanica. © Delmi Alvarez

As guerras nos Balkans terminaron con gran parte da ex Iugoslavia de Tito, totalmente reducida á pobreza, cunha gran desorganización económica e inestabilidade nos territorios onde sucederon os combates máis fortes. Catalogadas como as guerras máis sanguentas en chan europeo desde o fin da Segunda Guerra Mundial, de 130 000 a 200 000 persoas morreron e 3 millóns fuxiron ou foron forzados a saír dos seus fogares.

Actualmente a crise de refuxiados en Europa xérana máis de 15 conflitos e crises en África e Oriente Medio. Sobre cantos está a UE actuando?

Screen Shot 2016-03-20 at 11.35.40 AM

Coast of Mauritania

O pacto das Azores, a orixe de moitos dos problemas no mundo. A guerra de Afganistán que comezou no 2001 sigue hoxendía, a do Golfo Pérsico entre o 2 de agosto de 1990 e o 28 de febreiro de 1991, a de Iraq un 20 de marzo de 2003 e finalizaba o domingo 18 de decembro de 2011,  a de Líbano (2006), ou a de Libia (2011) deixaron moitas víctimas e consecuencias gravísimas para a economía mundial, que provocarían a fuxida de millóns de persoas a Europa pola vía Mediterránea. Polas mesmas causas das guerras e a fame en moitos países de África moitos miles de persoas cruzan a Italia e España en pateras através de Libia ou Marruecos, convertindose o Mar Mediterráneo no maior cemiterio de almas que prefiriron morrer antes que matar.

Entre 2002 e 2003 nunha longa viaxe polos países aceptados para entrar no club europeo, como novos membros da Unión, xornalistas, politólogos e documentalistas coincidían en que estas novas incorporacións serían o principio dun largo problema que acabaría nunha crisis en Europa. Os dez novos países do leste europeo incorporábanse á Unión Europea nun momento no que a economía mundial xa estaba a cambalear, e catro anos máis tarde reventaría a coñecida burbulla económica. Daquela, este proxecto nacía como Fortress Europe (2003) documentando a chegada de inmigrantes através da fronteira con Rusia que aqueles tempos non tiña un acordo pechado con Letonia. A fronteira, era de feito, un regato con restos de aramado da última guerra mundial e non existía un valo que separara Europa de Rusia. A prensa letona falaba timidamente das detencións dos que cruzaban ilegalmente. Os detidos pasaban eran trasladados ao campo de detención de Olaine donde as condicións de vida eran moi pobres. As persoas detidas en Olaine denunciaron a situación nas condicións nas que vivían. Tamén se buscaron a persoas que entraran ilegalmente no país en varias prisións letonas, denunciadas pola falta de dereitos humans e condicións de vida miserables.

Letonia ao ser un país de tránsito, os transmigrantes a cruzan na súa viaxe a Escandinavia, pero no 2003 a maioría dos buscadores de asilo viñan de Rusia, Afganistán e Xeorxia. Ata 2007 Rusia e Letonia non tiñan asinado un acordo de fronteiras debido a unha disputa pola rexión de Pytalovo-Pskov (Abrenes) que finalmente quedou en territorio ruso. [Letonia constrúe en Abril de 2016 unha cerca]

 

Screen Shot 2016-03-20 at 6.26.22 AM

A asylum seeker at the detention camp Olaine

Transmigrantes, persoas que transitan por países ou lugares sen chegar a establecerse ou quedarse definitivamente. Tamén, é a visión cínica da política neoliberal da Unión Europea, dos seus políticos que non exercen como representantes dos cidadáns que lles votan. Os Transmigrantes o son, porque non conseguen chegar onde cren que lles van a tender a man. Actualmente hai miles de nenos, mulleres e homes atrapados entre países de estados membros, sen poder ir a ningún lado. Os inmigrantes chegan a Europa por varias rutas.

 

A crisis migratoria en Europa é unha acumulación de erros políticos, novo orde mundial, venta de armamento...

 

Rutas africanas. © El Pais

Rutas africanas. © El Pais

A vía africana transcurre por  Ceuta e Melilla, Illas Canarias, e Lampedusa, Sicilia e Malta. Os que proveñen de Asia e Oriente Medio utilizan a vía Mediterránea de Turquía a Grecia polo norte cruzando o río Evros (2011), e a derradeira variante de Turquía a Grecia (a illa de Lesbos e outras illas gregas) cruzando o Egeo. Entre 2000 e 2013, máis de 23.000 persoas perderon a vida na aventura de chegar as portas da Unión Europea. No 2006 “a crise das canoas” foi o precedente con 39.180 persoas que chegaron a diferentes lugares nas Illas Canarias. Seguirían Almería, Murcia y Alicante.

People arrives to Nea Vyssa after crossing Evro river

People arrives to Nea Vyssa after crossing the river Evros

Despois do 2011, o paso dende Turquía a Grecia cruzando o ró Evros deixaba de ser unha vía cómoda e factible, debido a que as autoridades gregas detían aos inmigrantes en verdadeiros campos de concentración inhumanos. Antigas e inhumanas cárceres donde almacenaban nenos, homes, mulleres, sufrindo un continuo hacinamento con carencia de todo tipo de hixiene. As autoridades gregas gastaron millóns de euros en construir un valado electrificado de centos de kilómetros para impedir o paso aos transmigrantes. Os cartos que viñan da Unión Europea, foron malversados e a prensa denunciou repetidamente o destino final dos mesmos. O governo local da poboación fronteiriza de Edirne (Oeste de Turquía) recibiu millóns para a construcción dun edificio exclusivo para refuxiados. No verán de 2015 a policía turca impedía aos inmigrantes achegarse a este refuxio.

A mother and son take a rest in Nea Vyssa after cross the river Evros.

A mother and son take a rest in Nea Vyssa after cross the river Evros.

A lexislación na Unión Europea obrigaba a todo inmigrante –nada máis pisar terra– a darse de alta no primeiro país comunitario.  Pero ninguén quere quedar en Grecia pola crisis do país, e moito menos deixar a pegada dactilar, xa que iso obrigaría a quedarse no país automáticamente. Os gregos, que levan a peor parte nesta crisis, protestaron pola acumulación de personas que non podían sair do país. En febreiro de 2016 varios países da UE chegaron a un acordo de deixar pasar diariamente 580 persoas polas suas fronteiras ata Alemania. Deste xeito Grecia volve ser o embudo do fluxo dende Turquía estancando a miles de persoas na fronteira. Os países máis deseados de la UE polos emigrantes veñen sendo Alemania, Francia, Dinamarca, Suecia, Noruega ou Holanda.

Os transmigrantes están organizados, e preparan con tempo todo o traxecto ata o seu destino final, ademais utilizan a red social  con grupos secretos (Facebook) donde outros paisanos lles orientan e axudan, actualizando constantemente a información, dende meteoroloxía, fronteiras, policía, NGO’s. Pero non todos queren quedarse nos países anteriormente citados (nivel de vida e axuda ao refuxado alta), senón que deciden seguir camiño a Reino Unido –por exemplo– atopando que este país non comparte a política de refuxiados dos demais estados membros. E é aquí donde comenza o problema [de feito co tema das cuotas, poucos agás Alemania, o cumpre].

 

O Reino Unido é unha inmensa illa de difícil comunicación, a donde accédese únicamente por avión ou barco.

Route smuggling © Der Spiegel

Route smuggling  2015 © Der Spiegel

Hai varios perfís de inmigrantes que desexan chegar a Reino Unido, mozos, familia con fillos e case sempre con amigos ou parentes que xa residen nese país. investigacións e entrevistas durante o traballo de campo mostran que, no caso de familias fuxiron ou escapou do seu país despois de recibir ameazas de morte seria. De Iraq, por exemplo, varias familias entrevistadas dixeron pertencer a un dos clans relixiosos musulmáns (conflito entre a división no Islam sunnita e xiíta) menos poderosos no seu pobo, e comezaron a recibir avisos que pasaron ameazas de morte.

O Reino Unido ademais é un paraíso na axuda social (ainda que xa baixou o ritmo) e cos refuxados e asilados políticos mantén unha política ben diferente a outros países. Durante anos este tapón e filtro para cruzar o Canal creou A Xungla, o maior slum-favela-gettho de Europa, donde conviven moitas etnias de África, Asia e Oriente Medio. Unha pequena aldea con tendas de campaña, restaurantes e igrexas, feitas con materiais atopados na rúa ou doados por persoas, toldos, palos, cartóns, unha carpa de teatro, donde se representan actuacións, cantos, xogos, etc, e o traballo das ONG’s. A Xungla non ten unha organización definida, non hai unha cabeza visible, pero todos se rixen polo sentido común, con diferentes relixións e culturas. Na actualidade conviven nela perto de 5000 persoas e non hai un censo definido. Varias NGO’s taballan para manter o consumo diario mínimo de alimento. Na mesma Xungla varias mafias ofrecen “servizos” para dar o salto ao  Reino Unido.

Nos últimos meses proliferaron a creación de novos asentamentos en Francia ao longo da fronteira con Bélxica. Un deles é o de Grande-Synthe en Dunkerque básicamente de familias kurdas.

mapa-fronteras.jpg-large

As fronteiras de Europa © El País

Nas últimas semanas o governo francés decidiu demoler máis de 1000 tendas da Xungla e continuará nas vindeiras semanas ate limpar a zona radicalmente. Por este motivo, miles de transmigrantes quedan sen teito e comenzan a buscar outros lugares por donde entrar ao Reino Unido. Un deses lugares son Veurne e Zeebrugge, xa en territorio belga. A administración belga temerosa de que se reavive un novo Calais-Xungla 2 en Bélxica comezou a poñer en movimento a súa maquinaria de seguridade de estado e cada vez que detén a un inmigrante os fotografia, pero sen obrigalos as pegadas dactilares, xa que é ilegal. As persoas pasan doce horas na prisión e posteriormente son liberadas. Esa mesma noite e as vindeiras voltarán a intentar unha vez máis colarse nos camións que van ao paraíso soñado.

As teorías deste movemento de persoas a Europa poden ser varias, pero posiblemente as que máis peso teñan de todas elas son a fuxida das guerras e o conflicto relixioso que se viven en Oriente medio, Irak, Irán, Siria, Afganistán. E poden existir outras, como a económica. O efecto chamada, dos familiares ou amigos que xa están establecidos, vivindo e traballando, e animan a arriscar porque paga a pena. En Latvia catro familias de Irak fuxiron porque as suas vidas estaban amenazadas de morte.

mapa-rutas-alternativas

© El País

Moitas voces piden un cambio axiña na política migratoria: deixaría de morrer xente si en vez de vir a Europa e arriscar-la vida no camiño, a eles se lles facilita a  petición de asilo dende os seus propios países, e iso seguro que evitaría moitas mortes e acabaría co negocio dos traficantes de persoas.

As mulleres e nenas refuxiadas e migrantes que se desprazan a través de Europa enfrontan graves riscos de violencia sexual e de xénero, destacou un informe publicado pola Axencia de Nacións Unidas para os Refuxiados (ACNUR).

References:
Posibles novas rutas europeas de entrada.

A study on smuggling of emigrants. (2015). European Commission, DG Migration & Home Affairs. Brussels
Europe’s borderlands. Violations against refugees and migrants in Macedonia, Serbia and Hungary (2015). Amnesty International. London, UK.
Protection Risks for Women and Girls in the European Refugee and Migrant Crisis. United Nations Refugee Agency, United Nations Population Fund and Women’s Refugee Commission.
No Safety for Refugee Women on the European Route: Report from the Balkans. Women’s refugee commission.
Humanitarian information Unit. Map of Europe: displacement (Good infographic to understand the impact of the refugee crisis in Europe since 2015: routes, dead, walls, policies).

Migration Flows-Europe: 57,812 stranded migrants and refugees in Greece, fYROM, Serbia, Croatia, Slovenia, Bulgaria and Hungary as of 07 April 2016.

IOM (International Migration Organization) Infographics, maps http://missingmigrants.iom.int/infographics  | Missing Migrants Project by International Organization for Migration (IOM) is licensed under a Creative Commons Attribution 4.0 International License.

Global detention: http://www.globaldetentionproject.org/countries/europe/latvia


Screen Shot 2016-03-17 at 12.05.47 PM


Miles de persoas atrapadas en Idomeni

En base ao traballo realizado no anterior proxecto sobre a diáspora galega entre 1989 e 2009, asumo o inicio de comezar o seguinte que se chama Fortress Europe (2003), pero que se transforma en Transmigrantes debido ao continuo uso por outros autores co mesmo nome.  No traballo de campo utilizanse libretas de pasta flexibel donde se anotan nomes, lugares e datas. Formato fotográfico en branco e negro. Pescudar antes de realizar o traballo de campo é sempre un factor primordial, polo tanto para non perder tempo e grazas as tecnoloxías de hoxendía, amañase previamente a estancia, transporte, permisos etc.

A organización dos campos de refuxiados eventuais como o de Idomeni en Grecia, podemos ollar como o termo tempo marca a actividade humana do campo. En todo hai un tempo, pedir comida, roupa, médicos, xantar, durmir, cear, rezo. Perder ese tempo marcado pola propia necesidade asemella perder as poucas oportunidades que existen para sobrevivir. As necesidades mínimas e obvias como alimentación e hixiene están aseguradas por varias ONG’s para un campo de 2000 persoas. A super poboación de Idomeni coa chegada diaria de centos de migrantes sobrepasa eses mínimos. No campo hai fame e falta de hixiene. MSF encárgase cun médico da cobertura para os casos de gripe e bronquitis. Os agudos trasladanse a hospitais. A idade poboacional no campo está entre bebés recién nacidos ate vellos e vellas perto o máis dos 80 anos. Estes datos son visuais e por conversas con persoas que falan inglés. Hai unha familia con 10 nenos e outro máis en camiño. O pai ten dúas esposas e é de Syria.

Screen Shot 2016-03-13 at 9.11.04 AM

Mothers with babies make a bonfire in Idomeni refugee camp.

En marzo, a choiva forzou os refuxiados para abrir sucos arredor das tendas e evitar que a auga inunde o interior. A humidade e o frío son inimigos naturais creando outro problema grave: o almacenamento de alimentos e leite. Igualmente non hai leña para cociñar. Veciños de Idomeni e outras parroquias doan pequenas furgonetas con leña que desaparece inmediatamente. Tamén doazóns de empresas, como un supermercado, preparando bolsas de alimentos: froitas e lanches. A furgoneta que as transporta nada máis chegar á entrada do campo de refuxiados é abordada por mozos que apañan todo e a continuación as levan para revenda-los no mercado negro. O prezo de menos de media ducia de bananas era de 10 euros. Os nenos en moitos casos non teñen zapatos, nen calcetíns. Aparece no campo o concepto de trueque. A auga é embotellada e vital para os rezos.

Os refuxiados do campo de Idomeni, o máis afectado neste momento, van ser recolocados a outros lugares. As mafias buscan rutas alternativas ao peche da fronteira con Macedonia. As autoridades italianas xa están a traballar cos albaneses no caso de que se repita unha nova masiva chegada por vía marítima. Hai outros campos en Grecia con os mesmos problemas que Idomeni, como o de Nea Kavala, por exemplo. Nos últimos días o goberno grego leva a cabo unha operación de levar refuxiados en autobús a Atenas por 25 euros. Pero moitos dos que chegan alí avisan de que as condicións nos novos asentamentos son iguais ou peores que as de Idomeni.

Screen Shot 2016-03-20 at 9.22.06 AM

Black days demo in Brussels previous summit 17 march

Screen Shot 2016-03-20 at 9.21.56 AM

Protesters against the agreement with Turkey in Brussels

A conclusión no cumio de xefes de estado europeo do cumio 17-18 de marzo de 2016 de devolver os refuxiados a Turquía é ilegal, e ademais pón en serio perigo as vidas de milleiros de seres humáns. Os políticos que nunca pisaron un campo de refuxiados non saben a situación na que viven nenos, homes e mulleres e crea unha ofensa aos dereitos humáns. Esta mesma semana Bruxelas chegou con Ankara a un acordo á desesperada para frear o fluxo de refuxiados cara a Europa e as protestas da xente en favor dos refuxiados e do respeto polos dereitos humans chegou as rúas, con manifestacións en contra do acordo  entre o Consello de Europa e Turquía. O compromiso alcanza os 6.000 millóns de euros. En virtude dese texto, serán os turcos os que xestionen todo o fluxo migratorio, nunha externalización de servizos que foi denunciada en Nacións Unidas e noutras organizacións como Médicos Sen Fronteiras.

Fotoxornalistas, xornalistas e toda a prensa que permanece en Idomeni son en moitas ocasións un punto de referencia e información para os milleiros de persoas. Preguntanlle a prensa porqué non poden continuar o seu tortuoso camiño. Os xornalistas intentan responder as moitas preguntas que lles fan pero é difícil darlle unha resposta sinceira a todos eles. Moitos dormimos no coche ante a falta de lugares donde facelo. Non hai hoteis, casas privadas que aluguen unha cama, ou un lugar donde descansar un momento. O lugar máis cercano é Thessaloniki a unha hora conducindo. Hai un pequeno e vello hotel en Polykastro, o Olympion, pero o seu dono avisa de que todos os cuartos están alugados por unha ONG. Hai uns cantos hoteis máis pero pechados, din que o fixeron poque tiñan que pagar moitas taxas. Os berros dos nenos son a resposta a unha situación tan inhumana que viven milleiros de persoas na Europa que acadou non hai pouco o Nobel da Paz. Médicos do Mundo: “As condicións que tratamos en Idomeni son propias da Primeira Guerra Mundial. Dedos de pés amputados por gangrena”.

En  abril de 2016, segundo Angela Boletsi, unha psicóloga de campo para Médicos Sen Fronteiras (MSF), o peche das fronteiras provocou emocións e sentimentos ocultos entre os refuxiados, e os problemas reprimidos ressurgiram. É a primeira vez na que se fala de sufrimento e traumáticas experiencias entre as persoas retidas en Idomeni.


PHOTOGRAPHS
Partes do proxecto
 (work in progress)

O proxecto consta de varias partes, representadas por viaxes aos lugares onde se desenvolve a vida de miles de persoas. Cada viaxe é autofinancidada polo autor e dunha maneira independente, desta forma protéxese o seu concepto e a idea do proxecto. Ao ter un réxime de constante desenvolvemento, aos poucos vanse engadindo fotografías, mapas e textos de cada xornada vivida neses lugares.

Latvian border guards along the border with Russia

Latvian border guards along the border with Russia

I. Fortress Europe

O século XXI chegou cargado de conflictos bélicos que afectaron a Europa directamente. Como resultado das guerras as persoas fuxiron dos seus países a Turquía e de ahí a Europa por varias vías. Os novos membros da Unión Europea que se uniron aos xa existentes proviñan na maioría do leste europeo, antigas repúblicas soviéticas pola forza ou conquistadas na Segunda Guerra Mundial. A Letonia comezaron a chegar desde Rusia, cruzando a fronteira e aproveitando a falta dun tratado de fronteira cos letones que se asinaría anos máis tarde. A Unión Europea dotou a moitos destes países con infraestructura para controlar os 219 kms de fronteira con Rusia. O tráfego de persoas e o contrabando de tabaco fixo moito dano a ese país perdendo millóns de euros anuais. Os transmigrantes chegaban de países de Asia e cando eran detidos os levaban ao campo de detención de Olaine, as aforas de capital Riga donde podían estar detidos por un máximo de dous anos. O centro era un edificio moi vello, con falta de infraestructuras e axudas aos detidos. Os detidos manifestaban que non se respetaban os mínimos dereitos humanos.

Follow link to gallery:

http://delmialvarez.photoshelter.com/#!/portfolio/C0000dddC0uTGvgI/G0000Sgqq5XMyJXU


 

A father with son and family from Afghanistan arrives to Nea Vyssa

A father with son and family from Afghanistan arrives to Nea Vyssa

II. Greece, the gateway to Europe

In the summer of 2011, many families from Africa, Middle East and Asia, crossed the Evros river (northern Greece) in search of the European dream, escaping their countries at war or persecuted for having other faiths. During the winter of that year other people in the same circumstances crossed the same river, but many of them did not reach the other shore. This is a story of people who dreamed of reaching Europe and stayed in detention centers and prisons in inhuman conditions.

Follow this link for a gallery: http://delmialvarez.photoshelter.com/…


Screen Shot 2016-02-21 at 11.20.33 AM

A mother and children from Iraq at the refugee center of Muceniki, Latvia.

III. Four families from Iraq detained when try to reach Finland. They are waiting as asylum seekers in Mucenieki, Latvia.

This is a story of four families from Iraq. Years ago, they lived in their country peacefully, but one day they began to receive death threats over and over again, and had to flee to Jordan. Families (not previously known) lived in Turkey a few months deciding join forces and travel together. After passing all the hardships and calamities across the Aegean and part of Europe they came to Austria where traffickers offered to take them for money to Finland. At a stop in a bar of a road in Latvia someone recognized them as immigrants and the police stopped them. They were seventy days in a prison with the children and finally got into the shelter for migrants in Mucenieki, just outside Riga. In my interview with them they assured me that mobile phones are their photo albums, and even brought some soil from his country hidden in a small box. When crossing the Aegean traffickers forced them to throw all the personal belongings and in many cases the smugglers stolen from them. Their stories are about the same or similar, but all of them follow the same condition: they fled their country because of the constant death threats.


Screen Shot 2016-02-19 at 9.14.17 AM

Transmigrants from Shiraz village in Iraq. Zeebrugge, Belgium.

IV. The Belgian coast, new migration route to UK

In previous weeks a part of the settlement had been demolished and thousands of transmigrants had to find a new place to hedge against rain and cold French winter.

In the coming weeks, the French government plans to demolish another part of the country, where 1,000 or more people live. They want to tear down the church of Eritrea, dining, theater and school, because they are places where the organization of the settlement lies. There is a new place of accommodation containers close but transmigrants not want to use it, because the rules for entering: fingerprints.

In a desperate bid to survive, many of them turn back to the misfortune to find a way to enter the UK and found that the nearest country Belgium offers some possibilities. This, for the Belgian Government is a nightmare, they do not want another jungle of Calais in Belgium.

Meanwhile, the Albanian mafia and other smugglers managed as transmigrants sell travel, using the hundreds of trucks crossing daily to UK ferries from Belgian ports.

Veurne is the strategic point where truckers fill the fuel tanks of trucks. The trolley that circulates throughout the Belgian coast, following the Atlantic Wall (old Nazi bunkers) is the most perfect and cheap transportation.

Zeebrugge is a port from where ferries P & O at least seven ferries to UK. Transmigrants sleep in the dunes, in abandoned houses under construction or near the church. The mayor does not want to feed them. The priest feeds them and give a space inside in the church when temperatures are below zero. It is the new route to the UK.

Follow the link for a gallery: http://delmialvarez.photoshelter.com/index#!/portfolio/G0000jGUCt8_txPE


school-jungle2

V. The Jungles of Calais and Grande-Synthe

Jungles, slums, small cities with representation of several etnias. Mud, not electricity, insane and inhuman places where humans are living and surviving: We are in the 21 Century, is not a movie of science-fiction. Children running around, people moving, making fires for heating, cooking. The inhabitants organize themselves and say the world that they are here. In the Jungle of Calais, in the coming days the school, Church of Eritrea and several dining rooms and cottages of about 1000 transmigrants will be demolished by the French bulldozers. The school offers courses in English, French and art for children, teenagers and adults by teachers volunteers. On monday they will return to their schools to UK and France. They think will oppose the demolition.

Follow the link to gallery: http://delmialvarez.photoshelter.com/#!/portfolio/G0000hi7uAUJBIj8


Screen Shot 2016-03-11 at 12.18.08 PM

Mensaxe que foi derrubado polos bulldozers

VI. Eviction (from the hell)

E chegou o día en que os bulldozers apoiados pola policía francesa demoleron unha gran parte da Jungle de Calais. Unha orde de desalojo (eviction) asinada por un xuíz francés poñía punto e final a un campamento construído polos transmigrantes que teñen postos os seus soños en chegar a Gran Bretaña.

Follow link to gallery:

http://delmialvarez.photoshelter.com/#!/portfolio/C0000dddC0uTGvgI/G0000kLlSPfrt6C8


Screen Shot 2016-03-11 at 12.18.21 PM

Father and son walks on the road to Polykastro, Greece

VII. Idomeni. Europe closed the doors

Perto de Idomeni, case chegando ao campo de refuxiados, un home com moitos kilos a espalda dixome: ““Mellor morrer que matar” referindose a que a xente prefire fuxir que matar a outros.

Logo de percorrer miles de quilómetros, de padecer a presión das mafias que sen piedade, estorsionan a homes, mulleres e nenos, Europa pecha as portas a milleiros de persoas na fronteira de Grecia con Macedonia, quedando estancados no medio do lodo, a choiva e o frío. O 11 de marzo de 2016, o goberno grego anuncia que os 18.700 refuxiados en Idomeni, na fronteira con Macedonia, serán desaloxados en dúas semanas e recolocados noutros lugares. Ademais van prohibir a entrada de xornalistas aos campos de refuxiados en toda Grecia, as testemuñas son un perigo para a superviviencia do sistema. Mentres, a OTAN pasea os seus barcos en augas do Exeo, os políticos da UE danlle máis cartos a Turquía e as mafias traballan a reo na apertura doutra vía que lles manteña o negocio entre Albania e Italia. Decenas de miles de inmigrantes albaneses fixeron esta mesma viaxe nos anos 1990 e 2000.

Follow link to gallery:

http://delmialvarez.photoshelter.com/#!/portfolio/C0000dddC0uTGvgI/G0000AutulobDVoQ


Tour-de-table

Tour-de-table

VIII. Circus Europa & Eurocrats

Cada vez que o Consello de Europa anuncia un cumio en Bruselas, os 28 xefes de estado ou goberno preparan equipaxe para dous o tres días, hotel de luxo e todo unha parafernalia de axentes secretos, seguridade, intocables, privilexios. Os medios gráficos son os encargados de documentar a clásica chegada e a conseguinte recepción por parte do presidente do Consello a unha Tour-de-table. Fotógrafos e cámaras como testigos de excepción documentan bicos, apertas, apretóns de mans e sinistras charlas entre xefes de estado que vanse a un curruncho da sala para intercambiar impresións e pactos secretos. Durante os poucos minutos que dura esa posta en escea está prohibido a grabación de audio. Algúns destes xornalistas atreveronse a emitir comentarios secretos e costoulles a expulsión e retirada da credencial de prensa inter institucional que a Comisión Europea otorga aos xornalistas acreditados.

Follow link to gallery:

http://delmialvarez.photoshelter.com/#!/portfolio/C0000dddC0uTGvgI/G0000Nlp8ZqFgr68


IX. Integración

En progreso


Nota para editores gráficos e educadores: Este proxecto está en progreso e sometido a actualizacións esporádicas. Pódese utilizar para fins educativos pero precisa dunha autorización previa. Nada desta páxina pódese utilizar con fins editoriais ou comerciais,  contactar antes co autor.


Inicio do proxecto

Inicio: 2003 (work in progress)
Categoría tags: Antropoloxía visual, documentalismo, photoessay.
Países: Letonia (fronteira con Rusia e Bielorusia), Grecia, España, Francia, Bélxica.

Proxecto Educacional
Este proxecto de fotografía documentalista está disponible para conferencias en galego, castelán e inglés e dirixido a estudantes en colexios e facultades como complemento educacional.
Grupos: non inferior a 15 persoas

Metodoloxía: participativa, en grupos
Contidos: explicación do proxecto, mapas, fotos e traballo de campo documental
Duración: 2 horas.


O traballo documentalista con refuxiados de Delmi Álvarez comeza en Cuba no ano 1990 cando fotografía a chegada a Punta Maisí dos haitianos que escapan do réxime dictatorial de Aristide. A principios da década de 1990, tras o primeiro golpe militar contra o goberno de Jean-Bertrand Aristide, Cuba recibiu a miles de refuxiados haitianos que permaneceron en campamentos na rexión oriental da illa e que foron repatriados na súa maioría baixo supervisión da Cruz Vermella. Os que fuxían de Haití facíano en barcos de madeira con velas cosidas de sabas vellas. Moitos deses maltreitos barcos afundíanse antes de chegar a Punta Maisí que é o lugar máis oriental da illa cubana e onde a Cruz Vermella montou un punto de axuda. Os barcos que conseguían tocar terra cubana eran reparados polo goberno e mentres o facían dábanlles comida e acubillo. A transmigración haitiana tiña como obxectivo chegar a territorio dos Estados Unidos. A xente era extremadamente pobre e sen apenas recursos que con escasos coñecementos de navegación facíanse á mar antes de caer baixo as balas dos matóns de Aristide.

Refuxiados haitianos en Punta Maisí, Cuba, 1990

Refuxiados haitianos en Punta Maisí, Cuba, 1990

Galegos na Diáspora foi o outro longo proxecto de vinte anos, fotografando entre 1989 e 2009 en viaxes polos cinco continentes na procura da diáspad-bookdiaspora700px8415ora galega. O resultado foi a publicación dun libro e a realización de catro documentais para tv, tres deles emitidos. A publicación leva máis de 500 páxinas en branco e negro e tivo a súa presentación na Library of Congress en Washington D.C. e na prestixiosa Univesidade Cuny de New York coa presencia de moitos galegos e galegas vivindo na diáspora. Ademais do libro o proxecto ten unha colección de imaxes que exhibiuse en Bós Aires e Montevideo. Entrevista no The Washington Post  acerca deste proxecto, por María Xosé Porteiro e Alberto Avendaño.

 

All contents in this site are protected by Copyright 2016 © Delmi Alvarez