![]() ![]() Etapas No mapa está trazada unha ruta posible que fará Juanes no seu recorrido por Finlandia en denuncia polo quentamento global. Son 1.200 kms, sobre lagos xeados, banquisa do Golfo de Botnia, e estradas cubertas de neve donde todo fáise moi complicado. Os miles de lagos que hai en Finlandia, utilizánse no inverno como estradas, pero as veces son tamén grandes enemigos, xa que non deixan ve-los buracos que o xeo non chegou a cubrir, mesmo ao derretirse o xeo e a neve acumulada. Juanes levará na bici o máis imprescindible, para alixerar peso e pedalear tódolo rápido posible. Polas noites fará vivac ao pairo, baixo un ceo de estrelas ou unha treboada de neve xeada, engadindo os -20° ou -30° C que non perdoan. O risco da aventura é un reto coa natureza. |