FINLANDIA-2007
FINLANDIA-2007
é o resultado final dun proceso comezado en abril de 2006
(1.002 Km camiñando en autonomía no estadio
Gregorio
Pérez Rivera de Lugo) e xuño de 2006 (1.000
kilómetros
remando no Miño, tamén en autonomía,
cargando
coa comida, o equipo e a auga) no que o aventureiro e deportista
lucense Jesús García Juanes tentará o
récord mundial absoluto de velocidade media diaria en
travesía polar
sen medios mecánicos. Dito
récord o tén o explorador Ramón
Hernando de Larramendi, que o conseguiú no
ano 2002 cruzando o casquete polar de Groenlandia de sur a norte cun
catamarán polar tirado por grandes papaventos. A media
diaria
quedou establecida en 72,5 Km e na proba participaron tres
expedicionarios. García Juanes pretende batilo en solitario
e
sen axuda do vento. O medio elexido é a bicicleta con
neumático traseiro de cravos e esquí dianteiro e
o
escenario 1.200 kilómetros de lagos e ríos xeados
interconectados uns cós outros en Finlandia, onde as
temperaturas poden acadar os –30º C. A
travesía comeza en Lappeenranta
e remata no lago Inari,
300 Km por riba do
Círculo Polar Ártico. De Oulu a Kemi
percorreránse máis
de 100 Km na banquisa do golfo de Botnia. O percorrido elexido
pódese
modificar en función dos efectos do cambio
climático,
fenómeno que García Juanes pretende denunciar coa
súa
aventura. Non se descarta facer a travesía bordeando todo o
Golfo de Botnia o realizando un percorrido en forma de estrela, con
saída e chegada sempre no mesmo punto.
Datas
A proba deportiva terá
lugar do día 4 ó 20
de marzo de 2007, datas escollidas en función dunha serie de
factores que inciden no resultado final da proba: temperatura, horas
de luz, etc. A proba durará un mínimo de 12
xornadas e
un máximo de 16. Febreiro implica maior grosor da capa de
xeo
e, polo tanto, maior velocidade e seguridade, pero pola contra
con temperaturas
máis baixas e menos horas de luz solar, moi necesarias para
avanzar cando o permita o bon tempo.
Obxetivos
Os obxetivos da proba son tres.
O primeiro é deportivo e defínese no
párrafo inicial da memoria. O segundo obxetivo é
científico. Os resultados
médico-fisiológicos obtidos na proba
publicaránse
na revista da Sociedad Española de Medicina y Auxilio en
Montaña e leeránse no Congreso da Sociedade que
terá
lugar en Madrid no ano 2008. O
terceiro é informativo e divulgativo. Dende hai
anos a banquisa e os glaciares perden volumen de forma alarmante
debido ao cambio climático. O autor xa foi
testemuña de
dito proceso no Aconcagua e no Kilimanjaro. O audiovisual realizado
en Finlandia presentaráse en varios colexios de Lugo.
Para máis
información e detalles sobre o
proxecto:
Jesús
García Juanes.
Vilabade
42, 27120 CASTROVERDE (Lugo).
email:
jesusgarcíajuanes(at)yahoo.com.
GSM
0034 699 719 501
home 0034 982 313192
|