CUBA, 1990-91

Este proxecto documental converteuse nun libro dividido en tres partes entre os anos 1990 e 1991: a chegada a Cuba cun longo proceso para obter a residencia, as visitas para documentar as cámaras do naque, lugares onde Cuba continuou a producir materias primas, e as experiencias que tiveron lugar durante os meses de estadía na illa.

Fábrica de cigarros H. Uppman. La Habana.

O proxecto de fotografía documental desenvolveuse en Cuba entre 1990 e 1991, con autofinanciamento e durante o inicio do Período Especial en Tempos de Paz. Foi recoñecido cun FotoPres en Barcelona e a curadora do certame Marta Gili, dixo publicamente, que con este traballo de autor, o Fotopres inauguraba unha nova etapa na súa historia. De feito, as fotos as amosei persoalmente en Barcelona a varios editores e entendidos da fotografía daquel entón e me dixeron que non tiñan valor. Foi o meu irmán Paco, mentres eu viaxaba por Australia, quen as enviou ao concurso. Souben de que as fotos foran premiadas cando estaba nun bar de Sydney, grazas ao fotógrafo Francis Tsang, mentres bebiamos unhas cervexas. O traballo de campo levouse a cabo pola axuda e permisos concedidos a través dos CDR, Minrex, CPI e o goberno de Cuba.

Cuba deixou de recibir as axudas exteriores da Unión Soviética e do campo socialista coa caída da Unión Soviética.

 A idea principal, foi documentar a actividade laboral, os recursos máis importantes que se producen en Cuba. Finalmente, o CPI e o Minrex concederon unha visa de xornalista e residencia por tempo indefinido, emitindo un carné de identidade para control das autoridades, acceder ás fábricas, e a aqueles lugares nos que se precisaba un permiso especial. A axuda da Asociación de Amizade Galego-Cubana “Francisco Villamil”, de Vigo, foi a chave para iniciar o proceso de permanecer na illa como fotógrafo de prensa e documental, xa que no 1991 a administración cubana non concedía visados a medios ou xornalistas estranxeiros.

O plan de traballo de campo xirou entorno ao sistema de produción propia de Cuba para evitar o bloqueo económico dos Estados Unidos: a cana de azucre, o tabaco, o turismo, a agricultura, minería, San Antonio de los Baños, Viñales, Pinar del Río, Varadero, El Toa, e no oriente, en Santiago de Cuba.

 O traballo fotográfico realizouse con cámaras Nikon FM2 e película Kodak Tri X, pero moitos negativos e cadernos de viaxe, desapareceron durante unha escala do voo de Madrid á Habana con parada inesperada en Santo Domingo, capital da República Dominicana. O proxecto quedou sen unha parte importante do traballo documentado. A compañía Iberia xamais localizou a maleta, pero as investigacións levaron ao aeroporto de Santo Domingo como punto desde onde as mafias operaban no roubo a pasaxeiros. Se isto non fora pouco, o ordenador Toshiba T1000XE no que tiña gardados os textos xa escritos, crónicas e entrevistas, deixou de funcionar.

 O libro contén imaxes e textos inéditos do Período Especial en Tempos de Paz, que ata hoxe non se publicaron. Narra en primeira persoa a vida diaria na Habana, os procesos de documentación desde un punto subxectivo do autor. As imaxes realizadas son froito dun complicado e arduo traballo de produción, coa consecuente burocracia que supón querer fotografar a vida dun país nun dos peores momentos da súa historia. O autor desexa mostrar con este proxecto o respecto que se merece a poboación. Ademais destes temas, tamén se documentou a solidariedade do pobo cubano cos refuxiados haitianos en Punta Maisí, que fuxían dos problemas políticos no seu país. En resumo, os meses en Cuba non foron doados nin tendo dólares, a escaseza de comida obrigou a cubanos e cubanas a fuxir do país e ir “resolvendo” a grave situación.

Nunha das viaxes á Habana, foto Artús na Coruña realizou unha doazón solidaria, dándome un paquete con material fotográfico que se lle entregou aos colegas fotógrafos da Habana. Cando cheguei á aduana do José Martí os axentes preguntáronme onde ía con tanta película e papel fotográfico, e tívenos que convencer que era un agasallo para uns amigos.